6 dic. 2018


O CPI Plurilingüe Alfonso VII pon a disposicións dos pais unha nova ferramenta para facilitar a comunicación entre as familias e o centro. Trátase da aplicación abalarMóbil.

abalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil referente aos seguintes aspectos:


·  Recibir de maneira instantánea notificación das faltas de asistencia, puntualidade e comportamento.

·                                            Recibir as cualificacións de avaliación.

·                                            Xustificar as faltas de asistencia.

·                                            Pedir cita co titor / profesor

                                             Recibir notas, avisos e incidencias sobre o seu fillo.

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende PlayStore (se o sistema operativo é Android). 

Para utilizar esta aplicación o primeiro paso será realizar o rexistro. Este paso só hai que facelo a primeira vez, cando se descarga a aplicación. Para rexistrarse, o primeiro que terá que facer será introducir o seu número de teléfono e pulsar en “Enviar”. A continuación recibirá unha mensaxe cun código que terá que introducir na seguinte pantalla e pulsar en “Enviar Código”. Logo aparece unha nova pantalla na que se solicita un contrasinal, que será o que utilizará para acceder á aplicación. Deberá escribilo nos dous recadros e pulsar en “Aceptar”. Unha vez autenticado co contrasinal, accederá ao seu perfil no que poderá seleccionar o alumno sobre o que desexa facer algún tipo de consulta.

Para poder acceder á aplicación abalarMóbil é preciso que o seu número de teléfono estea rexistrado na plataforma XADE a través da base de datos do centro educativo. Se non estivera rexistrado o seu número de móbil,  deberá acudir á secretaría do centro e solicitar que se actualice o número de teléfono móbil na súa ficha como responsable do alumno.
Para máis información, existe unha guía e preguntas frecuentes na seguinte dirección:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil



9 oct. 2018

Xa están confirmados os días 2 de novembro de 2018 e 18 de marzo de 2019 como os festivos propios do centro para o curso 2018-19.


18 sept. 2018

AVISO:
Por motivos de organización do paso da Volta Ciclista, a hora de saída do centro de todo o alumnado o venres 21 de setembro será ás 13:25.

4 sept. 2018

ESTE É O LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-19.


IMPORTANTE!
LÉMBRASE QUE NOS CURSOS DE 5º PRIMARIA E 1º ESO NON HABERÁ LIBROS DE TEXTO POR TER CONCEDIDO O PROXECTO E-DIXGAL PARA O CURSO 2018-19, POLO QUE TAMPOUCO FUNCIONARÁN PARA ESTE CURSO AS AXUDAS PARA O FOND0 DE PRÉSTAMO DE LIBROS MAIS SÍ AS DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.


2 sept. 2018

  •           DATAS EXAMES SETEMBRO
                   LUNS 3 E MARTES 4 DE SETEMBRO


  • ENTREGA DE NOTAS AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA:
XOVES 6 DE SETEMBRO ÁS 12:00


  • COMEZO DE CLASES ED. INFANTIL: 12 DE SETEMBRO

  • COMEZO DE CLASES ED. PRIMARIA: 12 DE SETEMBRO

  • COMEZO DE CLASES ESO: 17 DE SETEMBRO


1 ago. 2018

Xa foi concedido ao CPI Alfonso VII o proxecto E-Dixgal para o curso 2018-19, nos cursos de 5º de Primaria e 1º ESO.



As repercusións máis importantes son que o alumnado destes cursos non terá que adquirir os libros de texto (polo tanto non se aplicará as axudas do fondo solidario de libros pero sí as de material escolar).

13 jul. 2018

Estimadas familias:
Comunícase que a partir do vindeiro curso escolar 2018/19, por decisión da ANPA e os seus asociados co acordo do centro, o comedor escolar pasa a ser titularidade e xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria cos cambios que esto implica, tanto a nivel organizativo como económico, baseado no Decreto 132/2013, de 1 de agosto.
O plazo de inscripción será do 16 ao 20 de presente mes de xullo, de 10:00 a 13:00 horas.

4 mar. 2018


CURSO 2018/19
 SOLICITUDES DE ADMISIÓN  (alumnado de novo ingreso):
Prazo: do 1 ao 20 de marzo de 2018.
Información sobre o proceso de admisión aquí

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2018




8 feb. 2018


DESFILE ENTROIDO 2018


 

Advertencias legais



Este blog ten caracter únicamente educativo. Se algún dos contidos que hai nel ten dereitos de autor, rogamos que nos informen e será retirado de inmediato. Este blog non se responsabiliza dos contidos de calquera tipo servidos por terceiros, nin das opinións vertidas nesta páxina por terceiros.
Os datos e fotos que se publican ou enlazan teñen como única finalidade a de axudar, informar e educar aos alumnos e familias. Non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información sen o consentimento expreso dos propios afectados.