6 dic. 2018


O CPI Plurilingüe Alfonso VII pon a disposicións dos pais unha nova ferramenta para facilitar a comunicación entre as familias e o centro. Trátase da aplicación abalarMóbil.

abalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil referente aos seguintes aspectos:


·  Recibir de maneira instantánea notificación das faltas de asistencia, puntualidade e comportamento.

·                                            Recibir as cualificacións de avaliación.

·                                            Xustificar as faltas de asistencia.

·                                            Pedir cita co titor / profesor

                                             Recibir notas, avisos e incidencias sobre o seu fillo.

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende PlayStore (se o sistema operativo é Android). 

Para utilizar esta aplicación o primeiro paso será realizar o rexistro. Este paso só hai que facelo a primeira vez, cando se descarga a aplicación. Para rexistrarse, o primeiro que terá que facer será introducir o seu número de teléfono e pulsar en “Enviar”. A continuación recibirá unha mensaxe cun código que terá que introducir na seguinte pantalla e pulsar en “Enviar Código”. Logo aparece unha nova pantalla na que se solicita un contrasinal, que será o que utilizará para acceder á aplicación. Deberá escribilo nos dous recadros e pulsar en “Aceptar”. Unha vez autenticado co contrasinal, accederá ao seu perfil no que poderá seleccionar o alumno sobre o que desexa facer algún tipo de consulta.

Para poder acceder á aplicación abalarMóbil é preciso que o seu número de teléfono estea rexistrado na plataforma XADE a través da base de datos do centro educativo. Se non estivera rexistrado o seu número de móbil,  deberá acudir á secretaría do centro e solicitar que se actualice o número de teléfono móbil na súa ficha como responsable do alumno.
Para máis información, existe unha guía e preguntas frecuentes na seguinte dirección:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil



 

Advertencias legais



Este blog ten caracter únicamente educativo. Se algún dos contidos que hai nel ten dereitos de autor, rogamos que nos informen e será retirado de inmediato. Este blog non se responsabiliza dos contidos de calquera tipo servidos por terceiros, nin das opinións vertidas nesta páxina por terceiros.
Os datos e fotos que se publican ou enlazan teñen como única finalidade a de axudar, informar e educar aos alumnos e familias. Non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información sen o consentimento expreso dos propios afectados.